versión accesible bienvenido | ongi etorri | benvingut | benvido
Organizada a XXVII Campaña de Recollida de Alimentos
'Un pouco da túa compra é moito', é o lema que anima aos consumidores a colaborar en paliar as necesidades dos colectivos máis desfavorecidos

6 de outubro de 2009

Debido á actual crise, incrementouse un 40% a demanda de institucións benéficas que piden axuda aos Bancos de Alimentos. Fundación EROSKI, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, FESBAL, celebrou durante os días 2 e 3 de outubro a Campaña Nacional de Recollida de Alimentos en todos os seus centros.

Baixo o lema “Un pouco da túa compra é moito”, esta vixésimo sétima edición da Campaña de Recollida de Alimentos de EROSKI tiña como obxectivo animar aos consumidores a colaborar para paliar as necesidades dos colectivos máis desfavorecidos.

A Campaña de Recollida de Alimentos é unha das máis valoradas polos consumidores de EROSKI, como demostra o balance altamente positivo da campaña.



335.205 quilos de alimentos por un valor de 250.000 euros

Desde os seus inicios hai trece anos, EROSKI leva recollido máis de 2.998.616 quilos de alimentos, e durante a pasada campaña, Fundación EROSKI fixo entrega de 335.205 quilos aos Bancos de Alimentos, cuxo valor supera os 250.000 euros. O compromiso de EROSKI nesta campaña consistiu en achegar un 20% máis do total de quilos de alimentos doados en cada establecemento.

Os consumidores que colaboraron puideron facelo doando de forma voluntaria alimentos depositados nas mesas sinaladas nos Centros EROSKI. Os Bancos de Alimentos correspondentes recollen as doazóns e distribúenas entre as máis de 6.556 entidades benéficas ás que prestan a súa axuda.

Esta acción enmárcase dentro do acordo que EROSKI subscribiu con FESBAL que tamén inclúe outras dúas campañas anuais: a Doazón de Alimentos Frescos e Cambios solidarios, cuxo obxectivo é dar resposta ás necesidades básicas de alimentación dos colectivos máis necesitados.



FESBAL

A Federación Española de Banco de Alimentos (FESBAL), coa que EROSKI subscribiu acordos de colaboración desde hai 13 anos, representa a cincuenta bancos repartidos polo territorio nacional.

Os Bancos de Alimentos son institucións sen ánimo de lucro, integrados por voluntarios dedicados á recollida, almacenamento e distribución de alimentos para distintas institucións benéficas. Actualmente FESBAL, por medio dos 52 bancos de alimentos que integran a federación, atende a 6.556 entidades benéficas, e desta axuda estanse a beneficiar 884.995 persoas. O pasado ano, FESBAL distribuíu un total de 64 millóns de Kg. de alimentos.


Comprometido coa solidariedade
Desde hai 40 anos o 10% dos beneficios de EROSKI destínanse a iniciativas de acción social. A través da súa Fundación canalízanse boa parte deses beneficios que se reverten na sociedade, que se derivan principalmente a tres tipos de necesidades da comunidade: a información e formación do consumidor, a defensa do medio ambiente e a solidariedade
Ir á portada de Solidariedade ¿Queres imprimir? ¿Queres enviar a un amigo?
Máis información sobre Solidariedade
Campaña en prol do medioambiente: reducir o uso de bolsas de plástico

FUNDACIÓN EROSKI destina 64.900 euros a financiar tres proxectos na VIII edición de axudas á cooperación internacional

Entréganse produtos por valor de 504.500 euros á Federación Nenos do Mundo

A Donosti Cup recibe o premio Unicef 2008

Toda a información sobre Solidariedade

tamaño do texto: a a a
info@fundacioneroski.es © FUNDACIÓN EROSKI|Aviso Legal