versión accesible bienvenido | ongi etorri | benvingut | benvido
FUNDACIÓN EROSKI destina 64.900 euros a financiar tres proxectos na VIII edición de axudas á cooperación internacional
As asociacións de cooperación ao Desenvolvemento Khoah, Manos Unidas e Mulleres Burkina son as entidades beneficiarias desta edición

16 de marzo de 2009

Fundación EROSKI destinará este ano 64.900 euros para financiar os tres proxectos que foron seleccionados na VIII Convocatoria de Financiamento de Intervencións en Cooperación Internacional. Nepal, Ecuador e Burkina-Faso son as zonas nas que se desenvolverán as intervencións apoiadas, lideradas polas asociacións Khoah, Manos Unidas e Mulleres de Burkina. Fundación EROSKI entregou un total de 835.616 euros para levar a cabo iniciativas solidarias en distintos países de África, Asia e América, nas oito edicións deste programa de cooperación internacional.

Constan Dacosta, Presidente de Fundación EROSKI, e a súa Directora Xeral, Arantxa Lascurain, asistiron á sinatura dos convenios que tivo lugar en Elorrio, sede de Fundación EROSKI, e que contou coa presenza dos representantes das entidades elixidas. En nome de Khoah acudiu a súa presidenta, Stephany Dano; de Manos Unidas asistiu Mercedes Viguri, Responsable de Cofinanciación e por parte de Mulleres de Burkina acudiron Montserrat Riba, Vicepresidenta e Secretaria e Amadeo Aixut, Tesoureiro.



Algodón ecolóxico con Khoah

A demanda deste algodón medra no mundo da moda, xa que se produce con abonos orgánicos e segue controis de pragas, botánicos e biolóxicos. En Nepal a súa produción é case inexistente e este proxecto, levado a cabo por Khoah e o seu socio local Mahagutti, trata de crear unha cadea de algodón ecolóxico e encontrar o subministro de materia prima axeitada, facilitar a formación e técnica necesaria para a produción e xestión da cadea. O obxectivo final desta iniciativa é paliar a drástica diminución de empregos xerada pola liberalización dos mercados internacionais e a competencia de países como China ou a India. Búscase reforzar a venta dos produtos téxtiles dos artesáns que traballan a través da ONG local. Ao redor de 1.500 mulleres produtoras e as súas familias, da casta dos intocables, se beneficiarán deste proxecto.



Formación e comercio xusto con Manos Unidas

O proxecto de Manos Unidas desenvólvese nos cantóns de Naranjal, Guayaquil e Balao (Ecuador), como potenciais zonas produtoras de cacao de fino aroma. Alí sitúanse diversas fincas produtoras de moitos anos cuxas plantacións non foron renovadas porque os recursos e coñecementos dos campesiños son escasos. Nelas implantarase o programa de formación e capacitación, de tres anos de duración, para potenciar promotores comunitarios e técnicos locais e conseguir a certificación orgánica e de comercio xusto das fincas adheridas ao programa. Preténdese mellorar o sistema organizativo, produtivo e comercial de 226 pequenos agricultores e agricultoras (153 homes e 73 mulleres) de cacao, fomentando o desenvolvemento humano con principios de equidade e xénero. A poboación beneficiaria de maneira indirecta achégase ás 1.130 persoas, dos núcleos familiares.



Almacenar cereais para Mulleres de Burkina

En Burkina Faso as choivas son periódicas e torrenciais, e aínda que as colleitas son boas, non todas poden ser almacenadas. O proxecto de Mulleres de Burkina consiste en construír unha nave para almacenar cereais e posteriormente comercializalos, de xeito que lle permitan á Asociación das viúvas e orfos Santo Agustino de Bissighin garantir a escolarización dos seus orfos. Perséguese obter 300 sacos de cereais durante as colleitas e revender parte deles aos máis desfavorecidos durante o período da seca; garantir a seguridade alimentaria; loitar contra os comerciantes que venden a prezos moi altos o cereal en período da seca e establecer rendas que permitan a concesión de préstamos e microproxectos das viúvas. A asociación asiste a 80 viúvas e 152 orfos.


EROSKI e a acción social
Desde hai 40 anos o 10% dos beneficios de EROSKI son destinados a iniciativas de acción social. A través de FUNDACIÓN EROSKI canalízanse boa parte dos beneficios que EROSKI reverte na sociedade e derívanse principalmente a tres tipos de accións: a información e formación do consumidor, a defensa do medio ambiente e a solidariedade. Así, promóvense iniciativas en prol dos consumidores, organízanse campañas de divulgación, edítanse revistas e guías, colabórase con organizacións Non Gobernamentais e con campañas de recollida de alimentos, dispón dun Programa de Voluntariado Corporativo, dunha convocatoria anual de Financiamento de Intervencións en Cooperación Internacional, etc.
Ir á portada de Solidariedade ¿Queres imprimir? ¿Queres enviar a un amigo?
Máis información sobre Solidariedade
Entréganse produtos por valor de 504.500 euros á Federación Nenos do Mundo

A Donosti Cup recibe o premio Unicef 2008

O circuíto interactivo da ONCE visitou 16 cidades e restan 5 para terminar o seu periplo

Rubricado de novo o Convenio con Médicos sen Fronteiras

Toda a información sobre Solidariedade

tamaño do texto: a a a
info@fundacioneroski.es © FUNDACIÓN EROSKI|Aviso Legal