Fundación Grupo Eroski ofrece ós consumidores solucións e respostas ante un entorno tan cambiante
como o que vivimos. É froito do esforzo de miles de consumidores e traballadores asociados a Eroski e Consum,
cooperativas líderes no sector de distribución que se caracterizaron desde fai décadas pola súa sensibilidade cara
o mundo so consumo e os temas sociais e medioambientais.
As aportacións do Grupo Eroski, que destina parte dos seus beneficios á nosa Fundación,
permítenos promover accións a favor dos consumidores, realizar campañas de divulgación, editar revistas e
guías, ofrecer becas, colaborar con organizacións de axuda ó Terceiro Mundo e con campañas solidarias de recollida
de alimentos, xoguetes, libros de texto, etc.
Son os consumidores quen promoven esas accións, xa que unha parte das súas compras se destina
a proporcionar unha maior calidade de vida para todos. Esta Fundación réxese por un Padroado no que están representadas
todas as sociedades que forman o Grupo Eroski, os consumidores, e un grupo de expertos que aportan os seus coñecementos
en materias como saúde, medio ambiente, solidariedade, novas tecnoloxías ... E conta cun amplo equipo técnico multidisciplinar
que se mantén cerca dos consumidores para desenvolver un proxecto social e humano permanentemente atento ás súas necesidades.
Fundación Grupo Eroski é unha entidade viva e participativa que aporta información útil e práctica a toda a comunidade. E é,
tamén, unha organización que se compromete a velar pola ética e a transparencia en todo o que afecte ós consumidores. O noso
traballo oriéntase en tres grandes liñas: información ó
consumidor, innovación e iniciativas sociais e promoción do desenvolvemento sostible.
Información ó consumidor
Consumer EROSKI é a revista de consumo de maior tirada do país, e consolidouse como unha publicación líder con información veraz e rigorosa
e que resulta de gran utilidade para a nosa vida cotiá. Compleméntase en Internet con CONSUMER EROSKI, o diario do consumidor
(www.consumer.es),
un sitio web actualizado diariamente con decenas de miles de páxinas de información útil. O internauta, por outra parte, pode acceder á información actualizada sobre as iniciativas que emprende ou patrocina a nosa Fundación en
www.fundaciongrupoeroski.es.
Innovación e iniciativas sociais
Ademais de contar cun laboratorio propio de análises, Fundación Grupo Eroski promove Becas e Axudas á investigación en Bioética, Biotecnoloxía e Seguridade Alimentaria. e propón ós consumidores iniciativas sociais como entrega de donativos a ONGs, contratos laborais para discapacitados, campañas de Comercio Xusto, de recollida de roupa, xoguetes, alimentos e libros de texto para nenos refuxiados, etc. Por outro lado, apoia e fomenta a diversidade cultural con accións de promoción da arte, a lingua, as tradicións locais. e firmamos convenios con entidades culturais ou patrocinamos programas literarios.
Desenvolvemento sostible
A protección do medio ambiente ocupa un lugar importante nesta Fundación, que fomenta accións
ecolóxicas nos puntos de venta do Grupo Eroski - bolsas reutilizables, recollida de bolsas-camiseta, campañas de sensibilización...- ou en programas de axuda a iniciativas relacionadas co medio ambiente e o entorno local, ou en proxectos de desenvolvemento sostible para o Terceiro Mundo.
Os protagonistas
O consumidor é o auténtico protagonista da Fundación Grupo Eroski. Son os clientes dos establecementos do Grupo Eroski quen, coa súa compra habitual, respaldan día a día o labor da nosa entidade, xa que párate dos beneficios do Grupo Eroski destínanse é Fundación Grupo Eroski a través do Fondo de Educación e Promoción das cooperativas Eroski e Consum, xunto coas aportacións de outras sociedades que forman o Grupo Eroski. Este proxecto de persoas e para persoas establece, ademais, convenios de colaboración con institucións, fundacións, museos, universidades, institutos de investigación e ONGs.
O equipo de Fundación Grupo Eroski está composto por un amplo equipo de persoas, liderado polos seguintes directivos:
Constan Dacosta
Presidente
Arantza Laskurain
Directora Xeral
Marta Areizaga
Directora de Responsabilidade Social
Ricardo Oleaga
Director de Productos Informativos
Carmen Picot
Dirección de Consumidores
Eduardo Cifrián
Director de Sistemas de Calidade
Iñaki Larrabeiti
Director de Calidade de Producto
O desenvolvemento deste proxecto web recae en Iker Merchán e Jol Guisasola. E o deseño e as aplicacións informáticas las realiza New Media Publishing.
|