versión accesible bienvenido | ongi etorri | benvingut | benvido
Apaga o gasto, acende o aforro
Unha campaña de EROSKI colabora co consumidor a conseguir a eficacia enerxética que permite gozar do mesmo confort cun gasto menor

24 de febreiro de 2009

Aforrar enerxía non só é bo para os petos senón tamén para facer un mundo máis sustentable. A eficacia enerxética permite gozar do mesmo confort cun consumo menor. Hai que ter presente que as familias son responsables do 30% do consumo total da enerxía do país (o 18% corresponde a usos domésticos e o outro 12% á utilización do coche). Sabedores diso, pero tamén en resposta á solicitude dos propios consumidores que demandaron información que lles axudara a aforrar enerxía, EROSKI puxo en marcha unha campaña pioneira que baixo o lema ‘Apaga o gasto, acende o aforro’ ofrece ferramentas eficaces para reducir o consumo de enerxía.



Calculadora, consellos e Escolas do consumidor

Na páxina Web www.eroski.es pódese encontrar toda a información accesible e sinxela que dirixe ao consumidor curioso e concienciado a tomar parte no reto de gastar menos e consumir mellor.

Unha calculadora ofrece a posibilidade de encontrar datos precisos e particulares da cantidade de CO2 que se xera de máis e o diñeiro que se pode aforrar se se sabe como empregar eficazmente a calefacción, a electricidade, o transporte e os residuos.

Consellos concretos e útiles ofrecen pautas documentadas e accesibles para interpretar as etiquetas dos electrónicos en termos eficaces, operar na cocina e mellorar o consumo, utilizar o televisor ou o termóstato da calefacción. Tamén se introduce na vida cotiá na habitación, no cuarto de baño e no garaxe lugares onde se poden aplicar medidas sostibles e intelixentes.

As Escolas de Consumidores son outra ferramenta coa que EROSKI quere achegarse ao público e ofrecerlle o seu asesoramento para que poida aforrar enerxía e axudar ao medio ambiente. Calquera persoa interesada pode sumarse a ela. Só ten que solicitar información de día e lugar da Escola máis próxima.


Un documento completo
Para toda persoa que precise de información, profesionais docentes que queiran empregar os contidos da campaña, amas de casa, medios de comunicación, curiosos, investigadores… EROSKI ten elaborado un completo documento que pode descargarse en formato PDF e utilizarse para a formación ou a súa divulgación. Once páxinas para apagar o gasto e acender o aforro no fogar
Ir á portada de Medio Ambiente ¿Queres imprimir? ¿Queres enviar a un amigo?
Máis información sobre Medio Ambiente
Os voluntarios coidan dos parques naturais

A campaña 'aprende a reciclar' finaliza unha vez percorridos 133 concellos valencianos

Primeira cita co Voluntariado Ambiental en 2008

O Voluntariado Corporativo recibe 296 solicitudes

Toda a información sobre Medio Ambiente

tamaño do texto: a a a
info@fundacioneroski.es © FUNDACIÓN EROSKI|Aviso Legal